Caballero avala a función social dos 50.000 euros que inviste o Concello en campamentos de verán
O rexedor municipal asegura que os case 50.000 euros que inviste o Concello en campamentos de verán "é unha cantidade socialmente ben investida". Logo de visitar o campamento urbano de Samil, explicou que este ano ampliouse a 12 e 14 anos a idade dos participantes e o número de prazas, xa que foron 1.870, duascentas máis que o ano pasado.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe mércores que este verán 2.600 rapaces de Vigo pasaron parte do seu verán nunha das actividades de ocio e formación que organizou o Concello. Ademais das 1.870 prazas nos campamentos -200 máis que o ano pasado- , puxéronse en marcha iniciativas en ludotecas, ou programas como Vigosónico ou Súbete ao Castro. O investimento, de case 50.000 euros, dixo, ten unha dobre vertente: a aprendizaxe dos participantes e darlles un respiro aos pais. "É unha cantidade moi ben investida desde o punto de vista social", indicou ao tempo que avanzou que de cara ao ano que ven "teremos que pensar en ampliar estas prazas porque hai moita demanda e moitas familias se quedan sen praza".
Caballero, que esta mañá -acompañado da concelleira de Xuventude, Chus Lago- visitou o campamento urbano de Samil, indicou que estas iniciativas, nas que se ampliou a idade dos participantes ata os 12 ou 14 anos, vanse repartindo por toda a xeografía viguesa", xa que se organizan, entre outros barrios, en Beiramar, Bouzas, Samil ou Castrelos.
Descargar todas as imaxes