mércores, 31 ago 2011
O alcalde de Vigo asinou hoxe mércores un convenio polo que se compromete a investir 16.000 euros no mantemento e difusión da cultura marítima tradicional. Pola súa banda, a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas, ademais de continuar coas súas tarefas, encargarase de coidado e atraque das cinco embarcacións tradicionais do Concello, procedentes das Escolas Obradoiro Mar de Vigo, pechadas tras a renuncia da Xunta a continuar con programa de colaboración municipal.
mércores, 31 ago 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe mércores un encontro con responsables da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental (Doa). O rexedor escoitou de primeira man as necesidades dunha organización que desenvolve unha importante tarefa social en Vigo.
mércores, 31 ago 2011
Os participantes vigueses no campionato do mundo de Policías e Bombeiros que se está a celebrar en Nueva York xa ten 5 medallas. A pesar de que a organización suspendeu por mor do furacán varias competicións nas que os vigueses tiñan moitas posiblidades, os bombeiros conseguiron xa 5 medallas nas seguintes disciplinas: loita libre olímpica: Roberto Estevez, medalla de Oro; remo: Jose Costa Rivas, medalla de plata en 500 metros; Squas: Perfeto Garcia, medalla de prata; atletismo: Alberto Costas, medalla de bronce en 1500 metros; lanzamento de jabalina: David Lemos, medalla de bronce. Catro bombeiros dos desplazados a Nueva York se quedarán sen competir porque suspenderse a a súa categoría.