Escoitar

O alcalde compromete a continuidade do apoio económico do Concello ás actividades de Érguete

As actividades desenvolvidas por Érguete na loita contra a drogodependencia seguirán contando co apoio do Concello. Así o asegurou hoxe martes o alcalde, logo de manter unha xuntanza coa presidenta da Fundación, Carmen Avendaño. <br />

martes, 30 ago 2011
1314708495erguete.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe martes que o Concello seguirá cooperando coas actividades de loita contra a drogodependencia da Fundación Érguete, unha aportación que, dixo, ronda os 80.000 euros. Logo de manter unha xuntanza coa presidenta da Fundación, Carmen Avendaño, o rexedor destacou "a vocación de permanencia destes acordos" e anunciou que "hai gastos, como os de política social, nos que non vai haber recortes". O rexedor loubou e agradeceu o traballo que Érguete "ven facendo na cidade ao longo de tantos anos".
Descargar todas as imaxes