venres, 2 setembro 2011

O rexedor destaca a mellora que experimentou o contorno do Centro Comercial Coia IV

Abel Caballero visitou hoxe venres as obras de remodelación do Centro Comercial Coia IV, nas que o Concello investiu 100.000 euros, "nunha zona comercial que abastece a unha zona de poboación moi importante". O rexedor enmarcou estas obras nas humanizacións das rúas adxacentes acometidas no anterior mandato e nas que o Concello investiu 7,8 millóns de euros. Avanzou, asimesmo, que a Xunta de Goberno deu luz verde, por un importe de 125.000 euros, ás obras de remodelación dun tramo da rúa Castelao que quedara pendente de humanizar.