O Concello saca a concurso a contratación do servizo 010 de información cidadá
A contratación do servizo de información cidadá 010 foi un dos temas aprobados hoxe venres na Xunta de Goberno Local. Xunto a el, indicou o alcalde, tamén recibiron luz verde á cesión dunha vivenda municipal á unha muller vítima dos malos tratos ou á contratación do Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia.
A Xunta de Goberno deu luz verde á contratación da prestación do servizo de información cidadá 010 por un importe de 981.000 euros por cinco anos. Así o explicou o alcalde, quen cualificou o servizo de "excepcional cunhas prestacións magníficas". O 010, dixo, tramita cada día centos de queixas, suxerencias e peticións nun horario que vai de 8:00 a 20:00 horas, de luns a venres; e de 8:00 a 14:00 horas, os sábados.
O alcalde referiuse tamén á autorización da cesión temporal dunha vivenda municipal a unha muller vítima dos malos tratos. Explicou que a cesión é de seis meses, prorrogables se fora preciso, e "durante este tempo recibirá axuda para atopar un traballo que lle permita normalizar a súa vida co seu fillo". O Concello, dixo, tren outras dúas vivendas de acollida para que mulleres en similares circunstancias poidan retomar a súa vida.
Seguindo con temas sociais, a Xunta de Goberno de hoxe tamén aprobou a contratación do Servizo de Atención domiciliaria á Infancia. Trátase, indicou, dun programa para atender a nenos menores de dez anos para familias que non teñen recursos co obxectivo de potenciar a favorecer a formación e o acceso ao mundo laboral. O concurso sae cun prezo de 156.000 euros e se contratará nun prazo duns meses. O alcalde salientou a "vocación social do Goberno municipal. Queremos que o grande esforzo que a cidade fai pola propia cidade".
Descargar todas as imaxes