mércores, 21 set 2011
O alcalde de Vigo avanzou hoxe mércores que encargará un anteproxecto que permita "exhibir, reproducir e describir de forma atractiva" o contexto económico, social e político no que se desenvolveu a Batalla de Rande. Anunciou que, dado que a Xunta traballa nunha iniciativa similar, estableceremos contacto coa Consellería de Cultura -dixo- para presentar unha iniciativa conxunta "que poidéramos levar a Europa para acceder a axudas comunitarias".
martes, 20 set 2011
O alcalde de Vigo mantivo unha entrevista este martes cos quince alumnos e alumnas da Escola de Turismo CEBEM, de visita hoxe no Concello, que asisten ao curso "Accións formativas para desempregados", que inclúe un módulo de comunicación. Os estudantes puideron departir co rexedor vigués e coñecer instalacións municipais como a sala de prensa ou o Salón de Plenos da Corporación.
luns, 19 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu aos representantes da Plataforma pola Sanidade Pública para analizar a situación das infraestruturas sanitarias da cidade. Entre outros temas de interese, rexedor e sanitarios revisaron o proxecto do futuro hospital de referencia de Vigo.
luns, 19 set 2011
O alcalde de Vigo fixo este luns balance dos primeiros cen dias do novo goberno municipal, "cen dias de traballo" que dan continuidade ao iniciado no anterior mandato. Caballero fixou na "xeración e creación de emprego" a primeira clave política do executivo que preside, e salientou os pasos en marcha en materia de Urbanismo.
venres, 16 set 2011
Abel Caballero acudiu este venres ao Paraninfo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus Universitario de Vigo, onde tivo lugar o acto de apertura do curso universatario 2011-2012 coa participación do presidente da Xunta de Galicia e dos tres reitores. A profesora Dona Mª del Carmen Enríquez Salido pronunciou a lección inaugural.
xoves, 15 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu esta tarde en visita institucional a Balduino Puerari Custódio, secretario de Medio Ambiente do Ayuntamiento de Garibaldi do Estado do Río Grande do Sul-Brasil. Durante o encontro, ambos mandatarios intercambiaron opinións sobre temas de saneamento e medio ambiente.
xoves, 15 set 2011
Abel Caballero reiterou hoxe o compromiso do Goberno municipal de continuar apostando polo vehículo eléctrico como a "mellor" opción de futuro "para a protección do medio ambiente e aforro enerxético". Así o explicou durante a inauguración de dous puntos de recarga de coches eléctricos no Centro Comercial Travesía de Vigo.
martes, 13 set 2011
O alcalde presentou este martes coa Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) esta inciativa do colectivo dentro das Primeiras Xornadas Temáticas sobre o Alzheimer. As datas de proxección dos documentais serán os días 14, 19 e 20 de setembro no Auditorio do Centro Social de Novacaixagalicia. Ademais das proxeccións, a científica do CSIC Ana Martínez impartirá unha conferencia sobre os últimos avances na investigación de enfermidades neurodexenerativas.
luns, 12 set 2011
Abel Caballero participou este luns na apertura da V Conferencia Mundial do Atún, que ten lugar en Vigo coa participación da ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Rosa Aguilar. O alcalde citou á pesca, ao Porto de Vigo e aos eventos mundiais que Vigo acolle -WFE ou Conxemar- como mostras da capacidade viguesa no sector e avogou pola eficiencia á hora de xestionar os recursos na pesca e na explotación.
luns, 12 set 2011
A inauguración dunha nova edición da iniciativa MOSTRARTE, que trae o arte vigués aos espazos abertos da Alcaldía do Concello, tivo lugar este luns coas obras do local Antonio Abad. Formado na Escola de Artes de Vigo e no madrileño Taller do Prado, desenvolve a súa carreira artística en Vigo onde crea o seu estudo-taller. Expón ininterrompidamente de forma individual desde 1990 en distintas cidades de España e Portugal, e de forma conxunta ou colectiva en Europa.