O alcalde subliña o "compromiso político" cumprido coa finalización do túnel do AVE de Vigo

xoves, 24 nov 2011

Abel Caballero, xunto co Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, asistiu este xoves á chegada da primeira tuneladora ao centro de Vigo, completando os 8,2 quilómetros de percorrido desde Redondela. "Hoxe Vigo ve a luz ao final do túnel", aseverou o alcalde, tras máis de dous anos e medio de traballos, pois "hoxe conclúe simbólicamente" a chegada do AVE á cidade.

O rexedor participa nunha concentración silenciosa en memoria das vítimas de accidentes do tráfico

xoves, 24 nov 2011

Acompañado por máis de 200 alumnos de 4º da ESO do IES O Castro, Abel Caballero, participou hoxe nun acto conmemorativo das persoas que perderon a vida nas estradas galegas no que vai de ano. Esta é unha das iniciativas que a Policía Local e a ONG Stop Accidentes poñen en marcha con motivo do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Tráfico. A pesares de que desde 2003, o número de falecidos diminúe progresivamente, en España 2.000 persoas perderon a vida en accidentes de circulación, mentras que esta cifra é de máis de 200 en Galicia. No caso de Vigo, no que vai de ano, as vítimas se sitúan en 3, seis menos que no 2010 e dous menos que no 2009.

Caballero eloxia a "idea magnífica" do grupo Imán de convocar un certame de relatos cortos sobre o VIH

mércores, 23 nov 2011

O alcalde e os responsables do grupo Imán presentaron hoxe os IX Premios de Relato Curto, cuxa temática será o sida. Os relatos poderán ser presentados ata o 9 de xaneiro de 2012 e os premios oscilarán entre os 700 euros do primeiro aos 100 euros dos tres accésits concedidos. Abel Caballero asegurou o apoio municipal a iniciativas que abonden no "desterro definitivo" desta enfermidade.

O alcalde anuncia que o emprego suporá o 10% da valoración nas adxudicacións de obra pública municipal

martes, 22 nov 2011

Abel Caballero informou este martes desta "gran novidade" introducida polo goberno local recentemente nas condicións para adxudicar obras municipais ás empresas. O emprego -número e continuidade dos traballadores, contratación de persoal...- terá ata 10 puntos de valoración sobre 100, algo que acontece por primeira vez. O alcalde informou ás empresas construtoras deste requisito nunha reunión pública coa presenza dunhas 70 persoas.

O alcalde se reúne coa Asociación Deportiva de Catamaráns de Galicia

luns, 21 nov 2011

Abel Caballero comprometéuse hoxe a estudar posibles ubicacións para albergar durante o inverno as naves da Asociación Deportiva de Catamaráns de Galicia aos que recibiu esta mañá. Durante o encontro, os responsables deportivos plantexaron tres posibles ubicacacións no Vao, en Alcabre e Teis e o alcalde transmitiulles o convinte que é "ter un espazo para practicar vela lixeira, aprender e competir".

O alcalde apunta que a Autopista do Mar converte a Vigo en porto nodal europeo

martes, 15 nov 2011

Abel Caballero explicou hoxe martes que o Ministerio de Fomento garante que Vigo será porto central na rede transeuropea de transportes ao ser cabeceira dunha Autopista do Mar, que será rubricada "de forma inminente" polos gobernos español e francés. O alcalde recordou que, vía corrección de erros, o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo de pasaxeiros tamén figurará no mapa europeo.

O Concello estuda reclamar xudicialmente á Deputación os 621.000 euros que debe a organismos vigueses

venres, 11 nov 2011

O alcalde, Abel Caballero, adiantou este venres que os servizos xurídicos municipais estudan fórmulas para reclamar por vía xudicial á Deputación de Pontevedra os 450.000 euros da débeda contraída co Museo MARCO de Vigo, os 90.000 euros coa Fundación ProVigo e os 81.000 euros coa Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI). O rexedor recordou que é unha "obrigación" do ente provincial coas devanditas institucións.