O alcalde reúnese coa delegada da Xunta en Vigo

martes, 19 xan 2021

Abel Caballero e Marta Fernández-Tapias mantiveron este martes a súa primeira xuntanza “nun ambiente cordial” no que o rexedor lle pediu á delegada “que defenda a cidade” e que “será benvido todo aquilo que poida facer por Vigo”.

Abel Caballero recibe á alcaldesa de Redondela

luns, 18 xan 2021

A alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este luns á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, coa que tivo unha xuntanza de traballo no Concello. Segundo explicou en rolda de prensa o rexedor, a súa homologa pediulle apoio como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para manter unha reunión co Ministerio de Fomento.

Caballero: “É posible ampliar a actividade do Porto sen un só metro cadrado máis de recheo”

venres, 15 xan 2021

O Concello xa enviou a súa alegación ao recheo que a Autoridade Portuaria proxecta en Bouzas advertindo de que o necesario crecemento do espazo portuario é posible sen un só recheo máis na Ría. O alcalde avogou en rolda de prensa por accións como o actual silo para coches, que permite multiplicar a superficie útil por catro sen causar dano algún ao medio ambiente.