martes, 29 set 2015
Abel Caballero mantivo un encontro na mañá deste martes con Teresa Ribera, quen fora secretaria de Estado de Cambio Climático, e persoa moi implicada na decisión de facer a nova depuradora de Vigo. No encontro, a directora do Instituto de Desenvolvemento Sostible e as Relacións Internacionais destacou que o modelo de cidade medioambientalmente desenvolvida implantado polo goberno local "está tratando de copiarse noutros lugares fóra de España".
luns, 28 set 2015
Abel Caballero inaugurou este luns unha nova edicion de Mostrarte, o ciclo que leva aos espazos de Alcaldía obras de artistas da cidade. Nesta ocasión son as pinturas do mestre Mingos Teixeira, recollidas en "Hai outros mundos pero están neste", as que se exhibirán durante os próximos dous meses nestas dependencias municipais. <br />
venres, 25 set 2015
Abel Caballero asinou este venres un convenio de colaboración co grupo Vegalsa-Eroski, representado polo seu director xeral Joaquín González Iglesias, mediante o cal o grupo empresarial se compromete a facer unha achega de 15.000 euros para o programa "Camiño a Camiño", que inclúe rutas por Vigo e os arredores da cidade.
venres, 25 set 2015
A partir das catro da tarde de mañá sábado, 60 perruqueiros ofertarán os seus servizos por sete euros na rúa Príncipe. A recadación será destinada integramente á Asociación Española contra o Cancro de Vigo.
mércores, 23 set 2015
Abel Caballero reuniuse este mércores con Juan Carlos Rodríguez, presidente en Vigo de Afaga, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, e comprometeu a colaboración do Concello coa campaña "No Alzheimer ti es unha peza importante", que quere apoiar o traballo que realizan os familiares dos enfermos e implicar a toda a sociedade con esta enfermidade. <br />
mércores, 23 set 2015
Abel Caballero trasladou esta mañá a importancia de ampliar a conexión con Londres dado o éxito da operatividade do actual voo de Air Nostrum á terminal de Luton. Así o afirmou este mércores logo de presentar os novos destinos que esta compañía operará desde Vigo en 2016: Alacante, Bruxelas, Menorca e Roma.
mércores, 23 set 2015
O alcalde pronunciou este mércores unha conferencia no Círculo de Empresarios de Galicia na que baixo o título "O tempo de Vigo" analizou o presente da cidade, que lidera unha área de 600.000 habitantes, e que co posicionamento que ten acadado no ámbito municipal conseguiu que "en termos políticos hoxe non se discute o que di Vigo". Ademais manifestou o apoio do Concello á industria viguesa que definiu como a "base máis sólida" da economía.
martes, 22 set 2015
No Día Europeo sen coche, o Concello de Vigo recibiu nas mans do concelleiro David Regades un premio nacional polas medidas implementadas nos últimos anos en favor da mobilidade. Ademais, esta mañá o rexedor entregou os premios dun concurso escolar de pintura baixo o lema: Elixe, cambia, combina a túa mobilidade na túa cidade.
luns, 21 set 2015
O alcalde de Vigo e novo presidente da FEMP, Abel Caballero, avoga porque o Goberno de España derogue a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local e porque se reforme a Constitución de xeito que inclúa as competencias municipais.
xoves, 17 set 2015
Abel Caballero mantivo un encontro na mañá deste xoves co Comité de Empresa de Vodafone que lle transmitiu a súa preocupación polo ERE que pode afectar a entre un 20 e un 30 por cento do persoal do centro vigués. O Alcalde manifestou o seu desexo de que o proceso de regulación de emprego non inclúa a ningún traballador da cidade. <br />