Abel Caballero: "Sempre lembraremos as vítimas e recoñeceremos a heroicidade dos nosos sanitarios"
xoves, 15 xul 2021O alcalde de Vigo e presidente da FEMP acudiu a Homenaxe do Estado ás vítimas da COVID-19
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP acudiu a Homenaxe do Estado ás vítimas da COVID-19
Abel Caballero saudou no Salón de Plenos a mozas e mozos que forman parte de Lecer no Verán, o programa co que o Concello ofrece un servizo de ocio e respiro familiar, pensado para persoas con discapacidade psíquica, física ou sensorial. Este mércores, visitaron as instalacións municipais e interesáronse polo labor que desempeña o alcalde no día a día e polas súas funcións como presidente da Femp.
O alcalde e Carmela Silva visitan este martes o mural situado en Mestre Chané número 9, unha obra que forma parte do VII Programa municipal de arte na rúa, que suma xa preto de 150 creacións en toda a cidade.
Corenta nenas e nenos e dez persoas maiores partiron este mediodía a bordo do buque oceanográfico Nautilus, nunha experiencia marítima e divulgativa que organiza o Concello de xeito gratuíto ao longo do verán.
Abel Caballero lembrou o desbloqueo da nova estrutura ferroviaria da cidade – saída sur en alta velocidade, nova estación e accesos e a liña Vigo-Ourense por Cerdedo – fronte ao Goberno no que Ana Pastor era ministra de Fomento que “tiña todo parado”
Abel Caballero mantivo un encontro este luns co sector hostaleiro da cidade para analizar o comportamento da fin de semana que resultou “moi bo” co peche de zonas e a actuación da Policía Local e Nacional.
O alcalde achegouse ata o Hotel Pazo Os Escudos, onde se celebra este luns a cita da entidade bancaria coa presenza do seu presidente, Josep Oliu.
Nunha xuntanza coa hostalería, o alcalde agradeceu o traballo do sector e afirmou que “non son culpables da suba dos positivos por COVID-19”. Abel Caballero avanzou que haberá “moita vixilancia” a posibles reunións de persoas nas rúas para facer botellón durante a fin de semana.
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron este xoves o inicio dos traballos de demolición da bancada no Estadio Municipal de Balaídos. O rexedor cualifica a remodelación como “a maior obra pública da historia da cidade”, que “sería imposible sen o apoio da Deputación”.
O alcalde e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitaron este martes o comezo das obras, que se enmarcan no convenio asinado entre o o consistorio olívico e o ente provincial e que inclúe tamén a cuberta do patio do Ceip Pintor Laxeiro.