Vigo comeza este mércores a montaxe da iluminación do Nadal

martes, 3 ago 2021

Abel Caballero anunciou o inicio do ensamblado das luces do Nadal nas rúas de Vigo, logo de dous días de traballo previo na nave. “Iluminar 340 rúas require dun largo tempo”, explicou o alcalde, quen confía nunha situación pandémica “infinitamente mellor” á actual que permita a chegada de “millóns de persoas” a finais de ano.

O alcalde plantexa ao embaixador de Xapón comisións para o coñecemento empresarial de Vigo

xoves, 29 xul 2021

Abel Caballero mantivo unha xuntanza co embaixador de Xapón en España, Hiramatsu Kenji na que puxeron de manifesto a importancia de coñecer mellor o desenvolvemento empresarial e cultural de ambos territorios. O alcalde sinalou que o enviado polo país nipón coñece ben a cidade de Vigo como cidade económica e empresarial e que tratarán de trasladar ese valor aos cidadáns de Xapón con unhas comisións para mellorar o coñecemento da actividade na cidade.