venres, 16 abr 2021
“Vou presentar un número elevado de proxectos a Europa e teremos que redobrar a nosa atención ás empresas, á economía e aos proxectos europeos”, argumentou Caballero, polo que libera a Elena Espinosa de Recursos Humanos e Réxime Interior, asignados á edil de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal, Patricia Rodríguez.
xoves, 15 abr 2021
O alcalde de Vigo asistiu este xoves á cerimonia organizada nas instalacións de Moaña de Rodman Polyships, estaleiro construtor do “Cóndor”, que se incorpora á flota do departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Axencia Tributaria. O buque foi amadriñado pola secretaria de Estado de Facenda, Inés María Bardón Rafael.
mércores, 14 abr 2021
Abel Caballero defendeu esta mañá no Nueva Economía Fórum Tendencias que o transporte, vivenda ou dixitalización son ámbitos nos que os municipios resultan imprescindibles. Ao longo da súa intervención, avogou pola coparticipación nos recursos dada a eficacia da xestión municipal.
mércores, 14 abr 2021
Abel Caballero recibiu este mércores na Alcaldía ao púxil de orixe dominicana, que vén de alzar en Pamplona o título do peso súperwelter que outorga ao boxeo vigués o primeiro campionato a nivel estatal en case que vinte anos.
mércores, 14 abr 2021
Na súa intervención este mércores no Nueva Economía Fórum Tendencias o rexedor puxo en valor o papel de Vigo como "a primeira cidade de Galicia, a máis industrial" e destacou a importancia dos concellos no desenvolvemento das novas tecnoloxías porque "unha parte importante pasa pola nosa actuación".
martes, 13 abr 2021
A terminal olívica liderou o pasado mes de marzo o tráfico de pasaxeiros de Galicia sumando máis de 24.000 voos, fronte aos 23.000 da Coruña e aos case 23.000 de Santiago. O destino principal do aeroporto de Vigo é Madrid, seguido de Barcelona.
martes, 13 abr 2021
Abel Caballero e Francisco Vázquez mantiveron hoxe un encontro para falar de cuestións vencelladas coa FEMP. En declaracións aos medios, o ex rexedor de A Coruña louvou o cambio experimentado pola cidade nos últimos anos “agora é na Coruña onde se fala do alcalde de Vigo”.
luns, 12 abr 2021
O alcalde salientou esta mañá que “se sentirá moi honrado” cando lle entregue o galardón de Viguesas Distinguidas ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. Estas 397 mulleres que atenden a 1.200 usuarias fixeron un traballo especialmente “inestimable” durante a pandemia.
venres, 9 abr 2021
É o primeiro artista galego en conseguir un Grammy por un disco propio, “Terra”, e o primeiro en España en gañar dous Hollywood Music in Media Award. Home “moi vinculado a Vigo”, Minimalia foi recibido este venres na Alcaldía por Abel Caballero.
venres, 9 abr 2021
A implantación na cidade desta medida conta cos informes favorables do Consello Xeral do Poder Xudicial, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, das xuntas de xuíces e do Ministerio, pero o goberno autonómico vén de anunciar que non a poñerá en marcha.