Caballero salientou o papel da pesca na economía da cidade na inauguración da VIII Conferencia Internacional sobre o Futuro da Pesca
O alcalde participou na xornada inaugural da VIII Conferencia Internacional sobre o Futuro da Pesca e apelou “a ter todos unha única voz, que debe ser a dos que facedes a pesca”. Logo de escoitar ao director xeral de Ordenación Pesquera y Acuicultura do ministerio, Caballero incidiu estar “en boas mans” do Goberno de España neste ámbito. O rexedor pediu “seguir progresando” e afirmou que “mentres sexa alcalde non fará nada relacionado co sector sen telo falalo previamente coa pesca de Vigo, xa sexa en infraestruturas, decisións ou formas de proceder”. Caballero sentenciou: “A pesca é una peza clave na economía da cidade”.
