O alcalde anima a participar no Reto Aspanaex para avanzar na construción dunha residencia
Substituíndo á tradicional marcha, este ano ponse en marcha o Reto Aspanaex, co mesmo obxectivo, o de conseguir fondos para a construción dunha residencia para persoas con discapacidade en Vigo. En rolda de prensa, Caballero, ademais de aceptar o reto, felicitou aos promotores da iniciativa e animou a toda a cidade a participar.

Abel Caballero e Patricia Guisande, membro da xunta directiva, foron esta mañá os encargados de presentar o Reto Aspanaex, que substitúe a tradicional marcha, que non se realiza ante a imposibilidade de garantir as distancias que marca o protocolo covid.
O obxectivo da nova campaña é conseguir fondos para o gran proxecto desta organización: seguir coa construción da residencia para persoas con discapacidade en Vigo. Tal e como se e explicou, todos aqueles interesados en colaborar deben comprar unha camiseta -de edición limitada – entre o 3 e o 31 de outubro, a través da páxina web www.residenciaaspanaex.org o no teléfono 986208395. A continuación, deben facerse unha foto coa camiseta e compartila en redes sociais engadindo #RetoAspanaex e #NosQuedamosenVigo.
Caballero felicitou aos promotores pola iniciativa, eloxiando o lema “Nos quedamos en Vigo”, cunha camiseta que foi deseñada por Cristian Dafonte Insua.