Abel Caballero eloxia “a combinación da modernidade e tradición” na nova Estación de Urzáiz
O alcalde visitou hoxe á zona, que está a piques de rematar a obra da praza da Estación e Baixada a Estación.

Vigo terá un novo miradoiro sobre en Urzáiz. As obras da praza da Estación e Baixada a estación inclúen un novo miradoiro sobre a antiga fachada reconstruida que permitirá ter unha nova imaxe panorámica da ría e a cidade.
Abel Caballero cualificou a recuperación da antiga fachada da Estación como “colosal” e apuntou a súa “exemplaridade forma de entender a combinación da modernidade e a tradición. É una combinación perfecta”, afirmou.
Caballero amosou o seu orgullo e dixo que estamos ante “un acierto total”. Á recuperación da nova praza da Estación aínda ten pendente o novo ascensor que conectará a entrada da mesma co cruce de Vía Norte e Urzáiz. O alcalde apuntou que tras la apertura do Centro Comercial Vialia rematarase a Vía Norte cos novos pasos peonís.

