luns, 8 nov 2021
O presidente da FEMP apuntou este luns que se trataba dun "imposto inxusto e excesivo, preparado para etapas de crecemento. Era sumamente deficiente”. Anunciou tamén a petición dunha reunión coa Ministra Montero para empezar cos gobernos locais a reforma do financiamento territorial
venres, 5 nov 2021
Abel Caballero agradeceu en rolda de prensa as doazóns que a cidadanía fixo ao reciclar as súas latas e botellas de plástico de bebidas a través deste Sistema de Devolución e Recompensa, que permitirán as tres organizacións levar a cabo diversos proxectos de carácter social na cidade de Vigo. Os puntos obtidos agora servirán de axuda para a Asociación Down Vigo e aos afectados polo volcán de La Palma
venres, 5 nov 2021
Hoxe comeza a venda de entradas para ambos concertos. Dulce Pontes presentará o seu novo show “Fascinaçao Tour” o 18 de decembro e Nacho Vegas o seu novo álbum “Mundos Inmóviles derrumbándose” o 12 de febreiro.
venres, 5 nov 2021
O alcalde deu conta este venres en rolda de prensa da modificación do contrato, aprobado pola Xunta de Goberno Local, co fin de “cubrir novas rúas da cidade e reforzar as que tiñan pouca iluminación”.
xoves, 4 nov 2021
O alcalde presentou xunto ao historiador, Eduardo Rolland, a colección de imaxes que “son as primeiras da arqueoloxía subacuática da historia de todo o mundo".
mércores, 3 nov 2021
A Coral Casablanca e a Orquestra ofrecerán un recital o 29 de xaneiro de 2022 no teatro Afundación cuxa recadación íntegra será doada aos afectados pola erupción do volcán de La Palma.
martes, 2 nov 2021
O alcalde participou esta mañá no acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra de rexeneración do Paseo de Bouzas que ten un orzamento de licitación superior aos 3,7 millóns de euros.
venres, 29 out 2021
O alcalde e a embaixadora mantiveron un encontro para falar das relacións entre a cidade e o país israelí. Caballero explicou a Dña. Rodica Radian-Gordon a capacidade económica de Vigo e a importancia que ten a ría e o mar na cidade.
venres, 29 out 2021
O Auditorio Mar de Vigo acollerá o vindeiro 15 de novembro a Gala de entrega dos galardóns Viguesas e Vigueses Distinguidos e o acto do Día de Galicia. Os dous eventos foran suspendidos por mor da pandemia e da climatoloxía, respectivamente.
xoves, 28 out 2021
A Xunta de Goberno da Federación aproba unha declaración na que demanda, ademais, que a norma garanta a recadación e dotar de fondo de compensación aos municipios pola cantidade non recadada.