venres, 7 mai 2021
O presidente da FEMP e a vicepresidenta primeira do Goberno presentaron este venres o programa “Municipios pola Tolerancia: Cara a unha mellor xestión da diversidade relixiosa”. No encontro, o alcalde abordou con Carmen Calvo os fondos europeos e a súa importancia para a recuperación do “difícil momento económico no país” así como a “conveniencia de que os concellos sexamos receptores de fondos europeos en magnitudes equivalentes ao noso peso, algo que xa está facendo o Goberno”.
xoves, 6 mai 2021
Abel Caballero amosou a súa “satisfacción” polo compromiso trasladado este xoves polo secretario de Estado de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana no transcurso dunha reunión mantida coa FEMP. Pedro Saura avanzou que os proxectos municipais que opten aos fondos europeos Next Generation poderán presentarse a comezos deste verán, en canto se publique a Orde Ministerial que regula as subvencións.
xoves, 6 mai 2021
Zona Franca de Vigo e CTAG inclúen a pista de ensaios para vehículo autónomo nun proxecto con Cellnex que opta a fondos Next Generation EU. A manifestación de interese, na que tamén participa Zona Franca de Barcelona e ANFAC nun amplo proxecto de colaboración entre territorios, prevé desenvolver a nova tecnoloxía en España.
mércores, 5 mai 2021
O rexedor asistiu este mércores á realización dunha tomografía da "gran oliveira da cidade" que preside o Paseo para revisar o seu estado de saúde, confiando en que "siga dándonos boas noticias", dado que os últimos estudos amosan un "vigor moi aceptable".
venres, 30 abr 2021
O alcalde asistiu este venres, xunto ao secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Sergio Vázquez, á supervisión da posta en servizo do túnel do Folgoso na autovía A-52 á altura da Cañiza, logo do seu peche durante tres meses por mor dos danos provocados polo incendio dun camión que obrigou ao peche do tráfico. No acto participaron tamén o rexedor da Cañiza, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.
xoves, 29 abr 2021
Abel Caballero e o delegado do Goberno en Galicia mantiveron o seu primeiro encontro este xoves no Concello no que acordaron “intercambiar opinións de forma continuada” e manter unha relación fluída coa colaboración precisa para o desenvolvemento dos proxectos do Estado.
xoves, 29 abr 2021
A débeda xerouse no ano 2017 co cambio ao sistema de Subministración Inmediata de Información (SII) do IVE que fixo que as entidades locais percibisen só 11 meses dese ano. O presidente da FEMP anunciou a reclamación desta cantidade tras a sentenza favorable ao recurso de Castela e León.
martes, 27 abr 2021
Vigo súmase á conmemoración do Día Nacional da Fibrose Quística, que se celebra o 28 de abril, iluminando de verde (a fonte central) e de laranxa (as laterais) as fontes da rúa Aragón na noite deste martes, día 27. O alcalde explicou que o goberno municipal “está encantado” de atender así a petición da Asociación Galega de Fibrose Quística para visibilizar a enfermidade.
martes, 27 abr 2021
O alcalde manifestou este martes en rolda de prensa que un 15% dos 800 millóns que corresponden á comunidade autónoma dos fondos europeos de recuperación deben ir aos municipios e contrapón a xestión doutras autonomías que si achegaron recursos aos seus concellos.
martes, 27 abr 2021
Abel Caballero mantivo este luns un encontro “magnífico e con moi bos resultados” co ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, a quen lle trasladou, entre outras cuestións, os proxectos que a cidade está encabezando para optar a recibir fondos europeos.