O descubrimento dunhas fotografías de 1870 amosan os retratos máis antigos da ría de Vigo
O alcalde presentou xunto ao historiador, Eduardo Rolland, a colección de imaxes que “son as primeiras da arqueoloxía subacuática da historia de todo o mundo".
As imaxes máis antigas de Vigo e a súa contorna datan do ano 1870. Isto foi así tras o descubrimento no ano 2020 dunhas novas imaxes que son as primeiras que amosan a arqueoloxía subacuática da historia de todo o mundo.
O autor das fotografías doi o pintor pioneiro da fotografía Henri Durand-Brager, que foi contratado pola expedición de rescate dos galeóns de Rande no 1870. Nelas vemos aos mergulladores en acción, imaxes dos dos galeóns de Rande, aos protagonistas da campaña, o barco ‘Le Vigo’ que se encargou das prospeccións… todo iso enmarcado na ría viguesa cunha antigüidade asombrosa, sen comparación ata a data na historia fotográfica e que servirá para iniciar novas investigacións.
O verdadeiro significado deste tesouro fotográfico obtense ao cotexar estas fotos coas memorias da expedición de Hippolyte Magen, na que se estrearon en Vigo adiantos técnicos como as lámpadas eléctricas de iluminación submarina, ou os novos respiradores Rouquayrol para o mergullo, ademais dunha revolucionaria campá submarina, dentro da cal se tomaron varios dos retratos.
As fotografías foron achadas en 2020, poxadas nun lote sen maiores identificacións e adquiridas polo municipio francés de Angers, de onde era natural Ernest Bazin, enxeñeiro inventor da campá submarina que supuxo unha revolución mundial e que foi estreada naquela expedición en Vigo e vemos por primeira vez retratada en imaxes reais.