O goberno municipal inicia a humanización da rúa Colombia cun investimento de 750.000 euros
O rexedor participou este mércores no acto de colocación da primeira pedra das obras da segunda fase da humanización da rúa, que acada así un investimento superior ao millón de euros.

O Concello comeza as obras dunha “humanización de alto standing” coa que se creará unha praza na confluencia entre a rúa Colombia e a rúa San Roque co fin de configurar un maior “espazo verde”, segundo explicou o alcalde durante a visita realizada este mércores.
O proxecto de humanización, que ten un prazo de execución de 6 meses, inclúe tamén a instalación de xardineiras, bancos, aparcabicis, unha pérgola con estrutura de aceiro, a instalación dunha nova rede para rega, nova rede de alumado eficiente, a substitución da rede de saneamento unitaria por unha rede separativa e a creación de zonas de aparcamento en tódolos lugares onde o permitan as dimensións da rúa.
O Concello dedicará 750.000 euros á segunda fase de humanización da rúa Colombia, que se suman aos 483.000 euros da primeira fase, polo que se supera o millón de euros de investimento municipal.



