Escoitar

O goberno de Vigo adica 54 millóns a Benestar “nos orzamentos máis sociais que tivo nunca a cidade”

As contas de 2022 serán aprobadas este mércores en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local e Caballero avanzou hoxe algunhas das principais cifras: 40 millóns a Seguridade e Mobilidade, 43 a Fomento, Vivenda e Urbanismo, e case 54 a Benestar. Para o alcalde, son “os orzamentos máis sociais que tivemos nunca na cidade”.

martes, 2 nov 2021
Abel Caballero, este martes en rolda de prensa.
Abel Caballero, este martes en rolda de prensa.

A contía se eleva aos 285,5 millóns e se incrementa en 21 millóns con respecto á deste ano (un 8,14% máis), mantendo a “débeda cero”, coa presión fiscal “máis baixa de ningunha das cidades de Galicia”, con bonificacións e exencións fiscais por valor de 17 millóns de euros e conxelando impostos e taxas, que non se verán actualizadas segundo o IPC, segundo explicou este martes Abel Caballero. Trátase duns orzamentos “excepcionais” que estarán aprobados definitivamente polo Pleno da Corporación antes de que conclúa o presente ano.

Con esta base, a Xunta de Goberno Local dará este mércores luz verde “aos orzamentos máis sociais que tivo nunca a cidade”, que reservan 53,9 millóns de euros a Benestar e, afirmou o alcalde, 19,5 millóns a Servizos Sociais e Prestación Social. Entre ambas representan case catro millóns de euros máis que o recollido nos deste ano.

Ademais, detallou outras cifras que recolle o documento, como os 40 millóns de euros nos capítulos de Seguridade e Mobilidade (un 8,5% máis que este ano) ou os 43 millóns das áreas de Fomento, Vivenda e Urbanismo, que supón un aumento de 13,4 millóns con respecto a este 2021, un incremento do 45%. Medioambiente se eleva un 18% máis ata os 15,5 millóns.

O primeiro edil ofreceu outros datos. En materia educativa, o orzamento ascende a 15,5 millóns de euros, mentres que Cultura recibe 15,1 millóns de euros, case que un 13% máis que este 2021. Deportes aumenta a súa partida nun 7,5% ata os 12,5 millóns no 2022 e os departamentos de Comercio e Turismo pasan aos 6,6 millóns de euros, unha suba do 11,5%.

Descargar todas as imaxes