xoves, 11 mar 2021
O alcalde de Vigo e presidente da Federación, Abel Caballero, mantivo este xoves unha reunión en Madrid coa vicepresidenta cuarta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera. As partes celebrarán encontros periódicos para orientación, suxestións e apoio ás cuestións locais no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
mércores, 10 mar 2021
O alcalde e presidente da FEMP participou de forma telemática na xornada “O futuro dos centros históricos das cidades”, organizada polo Colexio de Rexistradores de España. Caballero citou ao Casco Vello vigués, a acción sobre locais e vivendas, a peonalización da Porta do Sol e os proxectos para o Barrio do Cura e a Panificadora.
martes, 9 mar 2021
Presentado este martes na Zona Franca, Abel Caballero subliñou que a idea naceu no outono e culmina agora cunha proposta “a favor da industria e do territorio, e compatible con outros proxectos similares”. Cun investimento estimado en 151 millóns, Vigo optará a fondos Next Generation da Unión Europea.
xoves, 4 mar 2021
O presidente da Femp e a a vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, presentaron o Plan de Memoria Democrática da FEMP que recolle actuacións de 92 concellos de toda España impulsadas cunha subvención estatal de 750.000 euros.
xoves, 4 mar 2021
Na clausura en Madrid da xornada organizada por Exceltur sobre novos paradigmas competitivos nos destinos de sol e praia, coa participación da ministra Reyes Maroto, Abel Caballero defendeu a necesidade de “fortalecer” ao sector para que a oferta vaia “marcando a pauta” das novas demandas turísticas.
mércores, 3 mar 2021
O alcalde acompañará mañá á vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, na presentación do Plan Memoria Democrática, nun acto que terá lugar nas dependencias da FEMP ás 10,00 h. Máis tarde, sobre ás 14,00 h, clausurará por videoconferencia a xornada Exceltur “Nuevos paradigmas competitivos en los destinos de sol y playa”. Durante a reunión, na que tamén estará presente a ministra de Industria e Comercio, Reyes Maroto, presentaranse os resultados do informe SOLYTUR no marco dis fondos Next Genaration da UE.
luns, 1 mar 2021
Vigo será a sede da Administración de asistencia Dixital Integral de Galicia, unha unidade da Axencia Estatal de Administración Tributaria, con 92 traballadores públicos. A ministra de Facenda trasladoulle ao alcalde a pasada fin de semana a elección da cidade para implantar un servizo que ten por obxectivo mellorar a atención aos contribuíntes con medios telemáticos.
luns, 1 mar 2021
O alcalde enviará unha carta ao ente notificándolle a intención municipal de alugar unha quincena de locais comerciais e de oficinas, actualmente desocupados, para "dinamizar o Casco Vello" e polos que aboaría 30.000 euros anuais.
venres, 26 feb 2021
Abel Caballero recibiu este venres na Praza do Rei ao equipo completo do Club Ciclista Vigo-Rías Baixas, que comezará a nova temporada este mesmo fin de semana en Cantabria. O alcalde animou aos deportistas que dirixe Marcos Serrano ante o arranque dunha campaña ilusionante tras os tres días de concentración na cidade de Vigo.
venres, 26 feb 2021
Este domingo, 28 de febreiro, Día mundial das enfermidades raras, o Concello iluminará de verde as fontes da rúa Aragón, segundo expuxo o rexedor, para dar visibilidade a estas doenzas que afectan a "un número importante de persoas en Galicia". O goberno municipal atende así a petición realizada desde a Federación Galega de Enfermidades raras e crónicas (Fegerec)