Vigo terá un novo festival de música electrónica
O 7 de agosto está programada una proba piloto co grupo alemán Digitalism que actuarán na terraza do Auditorio Mar de Vigo
Sunset Beats, así é o nome do novo festival de música electrónica que chega á terraza do Auditorio Mar de Vigo o próximo 7 de agosto ás 21 horas co grupo alemán Digitalism.
Digitalism é un dúo de música electrónica que ao mesmo tempo é “divertida e imaxinativa”, segundo dixo o alcalde en rolda de prensa. O concerto servirá de proba para a xeración dunha programación para os amantes da electrónica en Galicia.
Con este evento, o Auditorio comeza a traballar xunto a empresa Merc London no desenvolvemento dunha programación vangardista cos creadores deste estilo musical.