O VII programa de arte urbano xa ten rematadas catro obras
Catro artistas seguen a traballar nos murais dentro do programa “Vigo, cidade de cor” en Beiramar 115, Pabellón del Carballal, CEIP Mestres Goldar e as Escalares de la Seara. Outras seis comezarán “en breve”, segundo dixo Abel Caballero en rolda de prensa.

Catro artistas xa ten rematados os murais da VII edición do programa municipal “Vigo, cidade de cor” que da visibilidade a artistas urbanos nacionais e internacionais. As obras están en José Fiaño 12, Mestre Chané 9, CEIP Emilia Pardo Bazán e Balaídos 31, obras que corresponden a Ampparito, Expostas, Xoana Almar e Taquen, nese orden.
O alcalde e a tenente de alcalde, Carmela Silva, visitaron a medianeira do pavillón do Carballal, unha obra de Amaia Arrazola que está a piques de rematar. Ambos mandatarios cualificaron a obra de “espectacular”. En pouco tempo tamén poderase ver rematada a obra de Honey en Beiramar 115, a actuación de Roberto Argüelles no CEIP Mestres Goldar e o mural de Davida nas Escaleiras da Seara.
En total son 15 os murais de arte urbano que foron seleccionados nesta VII edición do programa municipal que se ven celebrando desde o ano 2015. Este ano adicáronse 480.000 euros para as medianeiras o mantemento das mesmas e actividades culturais complementarias. En total xa son 133 as intervencións nos espazos urbanos, rúas e colexios, consolidándose así o carácter internacional do evento con artistas do panorama mundial.
Ano Laxeiro 2022
Por outra banda, Abel Caballero puxo de manifesto a memoria de Laxeiro en rolda de prensa polo 25º aniversario do seu falecemento e lembrou que o ano 2022 será “o ano Laxeiro en Vigo”


