O Concello recibiu un 13% máis de solicitudes para becas comedor e de libros que o ano pasado
O alcalde cifrou en 3.556 as solicitudes recibidas. Isto supón un 13% máis que o ano anterior e reiterou que “non hai límite para estas becas e todos aqueles que cumpran os requisitos terán a axuda municipal”.
O concello recibiu un 13% máis de solicitudes para becas comedor e de libros que o ano pasado. En total son 3.556.
Abel Caballero sinalou que “En Vigo non haberá ningún neno e nena sen beca” e para iso “non hai límite orzamentario para todos aqueles que cumpran os requisitos”, afirmou.
A partida prevista para as becas comedor e de libros e de 2.070.000 euros. Este ano como novidade o orzamento para libros e material escolar foi de 135.000 euros, un 35% máis. Ademais, os beneficiarios terán unha dotación de 100 euros no lugar dos 85 do ano pasado.
En canto as becas comedor, teñen unha previsión de pago ás familias no caso de que por mor da COVID-19 os comedores non poidan funcionar con normalidade.
Axudas de Emerxencia
A Comisión de Axudas de Emerxencia concedeu 110 novas prestacións por valor de 21.571,24 euros. O total das axudas concedidas supera as 14.450, que chegaron a 39.020 persoas. A partida supera os 2.239.625 euros.