O Concello inicia as obras da rúa Troncoso, cuxo entorno será tamén humanizado
Abel Caballero presidiu este xoves o acto simbólico de colocación da primeira pedra da remodelación da vía, á que o Concello adica 362.000 euros, e anunciou que estenderá as humanizacións á zona: “Arrancamos con Troncoso, pero de forma inmediata iremos presentando o resto de rúas dese entorno”.