O Concello celebrará o Día de Galicia cunha homenaxe ás persoas que deron solución á crise da COVID-19
O acto será o martes 3 de agosto ás 20 horas nos xardíns de Castrelos.
O Concello renderá homenaxe na celebración do Día de Galicia ás persoas que por algún motivo están relacionadas coa COVID-19. Abel Caballero adiantou que no acto haberá persoal sanitario, unha persoa que pasou a enfermidade, outra que perdeu un familiar, unha vacinada, representantes da hostalería “que tanto sufriron”, apunto, e unha representante dos supermercados “que durante este tempo provían de alimentos e atenderon á cidadanía”, sinalou o rexedor.
O pregoeiro será Andrés Fernández, CEO do Grupo Zendal, o conglomerado empresarial no que se integra Biofabri, que producirá a vacina de Novavax contra a COVID-19 e que ten a planta de produción en O Porriño.
Datos turismo
Caballero deu a coñecer os datos de ocupación hoteleira do mes de xullo. Foi dun 81,45% e a fin de semana pasada dun 77,15%. O rexedor apunto que “nun momento do repunte da pandemia, a afluencia de turistas está a ser significativa."