Adxudicada a humanización da avenida Alcalde Gregorio Espino Fase IV
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da Fase IV da avenida Alcalde Gregorio Espino cun importe de licitación de 1.600.000. En canto a obras, tamén aprobouse a renovación ca capa de rodaxe de la rúa Marín.
Abel Caballero anunciou que a Xunta de Goberno Local ven de aprobar a humanización da avenida Alcalde Gregorio Espino en su Fase IV que vai desde a rúa Águia ata a rúa Merlo cun importe de licitación de 1.600.000 euros.
A cuarta fase da humanización da Avenida presenta un prazo estimado de dez meses de obras, segundo informou este xoves o alcalde en rolda de prensa, e manterá os dous carrís de circulación por sentido, a mediana e vinte dous prazas de aparcamento, ademais de finalizar con beirarrúas de granito de seis metros de ancho.
Entre as características principais da obra, Caballero subliñou a renovación das redes de iluminación con 25 puntos de luz LED, novas canalizacións de abastecemento, rego, semaforización e saneamento, a conservación de trece árbores existentes e a plantación doutros tantos exemplares, xardineiras, papeleiras e oito bancos.
Noutro orden de cousas, a Xunta de Goberno aprobou a xestión da escola municipal infantil de Bembrive por valor de 1.377.534 euros. O contrato terá unha duración de catro anos a razón de 344.383,5 euros anuais. Caballero subliñou que haberá opción de prórroga ao quinto ano.
O alcalde ten como obxectivo encher todas as prazas. En total son 82: 16 de 0 a 1 año; 26 de 1 a 2 anos e 40 para os nenos e nenas de 2 a 3 anos. Caballero pediu celeridade á Xunta de Galicia para a autorización de funcionamento desta escola infantil e tamén para a instalada en Praza da Industria.
Feira do Libro
O rexedor sinalou a importancia da cultura e as librarías polo que explicou a subvención a modo de convenio coa Federación de Libreiros de Galicia para o desenvolvemento das Feiras do Libro en Vigo durante o 2021.
Para rematar, en materia de igualdade aprobouse a prórroga do contrato de xestión do programa de atención psicolóxica para nenos e nenas de mulleres vítimas de violencia de xénero.