O Pleno pide á Xunta apoio á cultura na cidade de Vigo
O responsable municipal de Cultura reivindicou a inversión pública per cápita e pediu no Pleno una distribución xusta e proporcionada do orzamento da xunta en materia cultural.
O Pleno aprobou cos votos a favor do Grupo Socialista e o Grupo Mixto instar á Xunta de Galicia a destinar unha partida concreta destinada ao apoio á cultura na cidade de Vigo en proporción ao destinado ao conxunto de Galicia.
O concelleiro de Cultura, Abel Losada, preguntou á edil do Grupo Popular, Teresa Egerique “o criterio sobre o reparto dos cartos por parte da Xunta de Galicia”. Rubén Pérez, portavoz do Grupo Mixto pediu planificación da cultura na cidade e criticou que o único festival que se atopa na web de Vigo sexa O Marisquiño. Egerique pediu unha proposta cultural no concello de Vigo.
Losada defendeu a acción cultural do Concello de Vigo, innovando continuamente e buscando novos festivais como o proxecto de festival de música electrónica. Ademais, outro dos motivos da exposición desta moción foi a achega ao festival O Marisquiño, no que o Grupo Socialista demanda que o Goberno Autonómico aporte a mesma cantidade de apoio á O Marisquiño que o Concello e a Deputación – 500.000 euros –.
Xacobeo
Pola súa banda, o Grupo Popular presentou unha moción no que pedía instar á Xunta a desenvolver unha programación extensa e descentralizada aproveitando a oportunidade que representa o Xacobeo bianual. Tamén, os populares pedían ao Concello o apoio á celebración e rexeitar calquera campaña contraria ao fenómeno do Ano Santo.
A moción aprobouse cos votos a favor do PP e o concelleiro non adscrito. O Grupo Socialista abstívose ao rexeitar una emenda na que tamén exixíase instar á Xunta a destinar unha partida economía ao Nadal e outra para as Festas de Vigo. O Grupo Mixto tamén abstívose.