Escoitar

Aprobado no pleno instar ao Porto de Vigo a abandonar as previsións de novos recheos na ría

O Grupo Popular abstívose na moción presentada polos socialistas para coordinar e acordar co Concello o Plan de Espazos e Usos Portuarios e o Plan Especial do Porto e optimizar os usos das actuais instalacións portuarias.

mércores, 28 xul 2021

O Pleno debateu, a proposta dos socialistas, sobre o desenvolvemento das novas zonas de interacción porto-cidade. Desde o grupo do PSdeG, a edil María José Caride amosou a preocupación polas graves consecuencias para o conxunto da cidade como a ampliación de usos portuarios sobre zonas actuais de uso dos cidadáns, esquecendo plantexar solucións aos problemas de acceso do porto, ou ocultando as previstas actuacións de recheo.

Caride criticou a falla de transparencia e pediu cooperación para o novo Plan de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios. Deste xeito, aprobouse acordar este plan entre ambas administracións, rexeitar novos recheos na ría de Vigo e a desaparición dos espazos “e fiestras” á ría que ten a cidade entre Bouzas e Teis. Polo tanto, desde o Grupo Socialista pediuse de esquecer a proposta de incorporación aos usos portuarios da zona de Bouzas, entre a glorieta e o Liceo, a Curva de San Gregorio, o Espigón do Cable e a Praia da Manquiña.

Fondos REACT-EU

O Pleno tamén aprobou cos votos do Grupo Socialista en Mixto instar á Xunta de Galicia á adopción do acordo de transferencia automática e inmediata do 15% dos fondos recibidos e que se reciban no do goberno do Estado correspondentes ao REACT-EU e fondos PEMEs e autónomos de acordo co peso demográfico de cada cidade no conxunto de Galicia.