Escoitar

O medallista olímpico Nico Rodríguez nomeado Vigués Distinguido 2021

Abel Caballero anunciou na homenaxe ao deportista no Real Club Náutico que é Vigués Distinguido 2021 por “facer sentirmos orgullosos, ser un campión, manter a visión humana e facer do seu modelo un modelo colectivo.”

martes, 10 ago 2021

O atleta olímpico Nico Rodríguez, bronce na categoría de 470 de vela, é Vigués Distinguido 2021. Así anunciouno o rexedor na homenaxe que celebrouse no Real Club Náutico de Vigo.

Abel Caballero destacou a valentía do deportista, que “chegou a tomar decisións cun valor importante para chegar ata aquí e que iso supón un risco que marca a vida para rematar en Tokio e ter unha medalla tan importante”.

O alcalde cualificou a Nico de “héroe” e reivindicou “o maior orgullo que se pode ter” ao deportista.

Nomeamento do novo Comisario da Policía Nacional en Vigo

Caballero acudiu ao acto de nomeamento do novo Comisario da Policía Nacional de Vigo, Juan José Díaz Jiménez. O rexedor sinalou “a magnífica relación e cooperación entre as Forzas e Corpos do Estado e a Policía Local”.

Deste xeito, o alcalde anunciou que seguirá a senda da cooperación “para a utilización eficaz dos axentes na cidade”.

Descargar todas as imaxes