O Concello prevé completar o derrubo de Marcador nun máximo de dous meses
Abel Caballero avanzou que en seis ou oito semanas concluirán os traballos de demolición da bancada, que comezaron este mesmo luns, previos á construción do novo Marcador. O alcalde e a presidenta da Deputación visitaron as obras de Balaídos, ás que ambas institucións adican 15,5 millóns de euros.