Escoitar

O Concello programa un amplo número de actividades para a Noite Branca dos museos municipais

Abel Caballero presentou en rolda de prensa a programación para a Noite Branca que terá lugar o 13 de agosto cunha ampla programación desde as 20 horas ata a 1 da madrugada.

venres, 6 ago 2021

O 13 de agosto os museos de Vigo abrirás as súas portas ata a 1 da madrugada con motivo da celebración da Noite Branca. O Concello ten programado distintas actividades para esta xornada singular na que as coleccións e exposicións revístense de extensións musicais e outras actividades para enriquecer o noso patrimonio.

O alcalde anunciou a programación que inclúe a toda a rede de museos municipais. No Pazo-Museo Quiñones de León haberá visitas guiadas ao Xardín Histórico ás 20 horas. Ás 21 horas haberá actuación de Dous y Grupo 1500 de música antiga.

Abel Cabellero desatacou os obradoiros no Verbum que requiren inscrición previa que abrirá o martes 10 ata o propio día 13 en reservas.aprmvigo@gmail.com ou chamando ao teléfono 986 240 130 e 619 948 920. Destacan as actividades de Letteting “Vigo inspira”, danza e movemento, voz e coro e audio e música, todos eles con aforo limitado seguindo as normas sanitarias. Tamén no Verbum poderase desfrutar da música na azotea co concerto de Carla Lourdes ás 22 horas e a continuación ás 23:30 horas Red Duck Blues.

Para Casa das Artes hai programado tres pases para a performance “Xeografía dos corpos” da bailarina Anxela Blanco xunto co italiano Simone Romanò que propoñen unha viaxe sensorial en diálogo coas imaxes de Javier Teniente. As entradas serán ás 20:30, 22:00 e 23:30 horas, tamén con reserva previa.

O rexedor anunciou tamén un concerto de Susanna Blanco na Pinacoteca e visitas guiadas nas exposicións actuais do MARCO. Ademais, neste último emprazamento haberá un concerto na terraza da praza do Progreso de Costa Escura e Silvia Penas e na rúa Londres ás 00:00 horas Eladio y Uka. No museo Liste tamén haberá visitas guiadas.

Segundo anunciou Caballero haberá rutas con guía no xacemento arqueolóxico de O Castro ás 19 e 20 horas e música Fado no mirador enriba do Monumento á Batalla de Rande. Tamén haberá catro pases para as recreacións históricas do mundo romando na Vila romana de Toralla. Esta última actividade require inscrición previa no 010.

Descargar todas as imaxes