O rexedor recibe aos participantes do programa municipal Lecer no Verán
Abel Caballero saudou no Salón de Plenos a mozas e mozos que forman parte de Lecer no Verán, o programa co que o Concello ofrece un servizo de ocio e respiro familiar, pensado para persoas con discapacidade psíquica, física ou sensorial. Este mércores, visitaron as instalacións municipais e interesáronse polo labor que desempeña o alcalde no día a día e polas súas funcións como presidente da Femp.
![Momento da visita no Salón de Plenos](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/4DyHj4s9aovrZrrB0sXaTWlOqocVywEg1JyURauq.jpeg)