venres, 16 xul 2021
O alcalde avanzou que no Consello da Xerencia de Urbanismo da vindeira semana quedará aprobada de xeito definitivo a modificación puntual do PXOM para a reordenación dese ámbito e, posteriormente, será ratificada polo Pleno.
venres, 16 xul 2021
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres á humanización de Romil, á cuarta fase da avenida Martínez Garrido, as escaleiras mecánicas e humanización da rúa Talude, a Praza Francisco Fernández del Riego ou á remodelación do recinto da festa de Valadares, entre outros.
venres, 16 xul 2021
Segundo informou Abel Caballero este venres, o goberno de Vigo aprobou o nomeamento de dezaseis funcionarios para o corpo de extinción e ultima a creación dunha bolsa de traballo coa que cubrirá outra quincena de postos nos Bombeiros de forma interina.
venres, 16 xul 2021
Abel Caballero apoiou aos nenos e nenas que participaron no Campus VIDE e entregou galardóns aos que estiveron estes días facendo distintas actividades deportivas. O rexedor subliñou o bo traballo dos monitores para facer que o campamento sexa posible en condicións de seguridade COVID-19. Caballero animou aos asistentes a seguir co deporte logo de terminar a estancia estes días nas instalacións de Samil.
venres, 16 xul 2021
O alcalde anunciou que a cidade renderá homenaxe ao pintor con motivo do 25 aniversario do seu falecemento. Por mor da pandemia, a exposición será no MARCO o próximo ano.
venres, 16 xul 2021
O alcalde de Vigo participou nun foro sobre Destinos Turísticos Intelixentes organizado por Faro de Vigo y SEGITTUR no que se puxo de manifesto a importancia do dixital, a seguridade COVID-19 e a calidade do servizo. O rexedor subliñou a importancia que ten o turismo para a economía e para o ocio das persoas. Caballero sinalou a Vigo como “cidade exemplo” que mudou o modelo e que busca a excelencia. Tamén fixo fincapé nos cambios que trouxo a pandemia e que ficarán con nós: “É seguridade”, sentenciou.