O alcalde participou na entrega de galardóns aos participantes do Campus VIDE
Abel Caballero apoiou aos nenos e nenas que participaron no Campus VIDE e entregou galardóns aos que estiveron estes días facendo distintas actividades deportivas. O rexedor subliñou o bo traballo dos monitores para facer que o campamento sexa posible en condicións de seguridade COVID-19. Caballero animou aos asistentes a seguir co deporte logo de terminar a estancia estes días nas instalacións de Samil.


