O alcalde saúda á pasaxe da primeira ruta marítima das actividades municipais de verán
Corenta nenas e nenos e dez persoas maiores partiron este mediodía a bordo do buque oceanográfico Nautilus, nunha experiencia marítima e divulgativa que organiza o Concello de xeito gratuíto ao longo do verán.
Abel Caballero saudou a grandes e maiores a bordo do buque antes da saída este mediodía desde o Real Club Náutico de Vigo. A pasaxe estaba conformada por nenas e nenos de entre 8 e 16 anos e persoas maiores do programa de envellecemento activo.
Esta é a primeira viaxe organizada polo goberno municipal dentro das actividades infantís de verán coa que grandes e pequenos compartirán experiencia a bordo e coñecerán a ría, explicacións científicas e aprenderán como se pesca ou como se realiza a investigación mariña.
O rexedor explicou que o Concello ten programadas 37 rutas do Nautilus nos meses de xullo, agosto e setembro, con viaxes os martes, mércores e xoves que poden reservarse, xa que aínda quedan algunhas prazas, a través da web www.xuventudevigo.org. Ademais, as persoas interesadas poden solicitar información no teléfono 010. A actividade é gratuíta.
O goberno local oferta este verán un total de 5.750 prazas en actividades náuticas a través do Nautilus, do roteiro guiado “Un mar de Verne” e da actividade “Desembarco Cíes”.