Escoitar

O fin de semana celébranse as festas patronais de Cabral, Bouzas e Coruxo

O Concello “costea e coopera” as actuacións e actividades xunto ás Comisións de Festas das parroquias que terán concertos o venres, sábado e o domingo. Hoxe comeza a IX Edición do Festival de Danza Urbana “Vikul”

mércores, 14 xul 2021
O Alcalde recibe á Comision de Festas de Bouzas
O Alcalde recibe á Comision de Festas de Bouzas

O fin de semana celébrase Santa Mariña de Cabral, o Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas e a Virxe do Carme en Coruxo. O Concello e as Comisións de Festas acordaron distintas actividades cara ao fin de semana.

En Cabral o sábado 17, ás 20 horas, haberá actuación folclórica enmarcada no “Vente con nós”, logo actuará Crónicas Pop e ás 22h Bafana Bafana. O domingo continúa a festa ás 13 horas coa Banda Delicias del Caeiro, ás 19 haberá unha actuación infantil e logo actuará o grupo de gaitas de Coto Grande de Cabral.

En Bouzas a actividade festiva comeza o sábado ás 21 horas con Phanton Club. O domingo ás 13 horas actúa a Banda de Música de Matamá e ás 19 haberá actuación infantil. Pola súa banda, en Coruxo estará a Banda de Coruxo ás 11 da mañá do venres.

Noutro orden de cousas, Abel Caballero sinalou que hoxe celébrase na pista de patinaxe en Samil, a partir das 19:30 horas, o show de danza urbana “Vikul”, “un evento consolidado no que participan 19 escolas e que haberá 50 actuacións nos dous días”, afirmou.

Actividades de verán

O alcalde saudou aos nenos e nenas que participaban no roteiro en barco dentro das actividades de verán que organiza o concello. Abel Caballero subliñou “a experiencia de ver á xente ocupar o barco nunha actividade interxeneracional”.

Aínda hai prazas dispoñibles. O rexedor lembrou que hai 37 rutas ao bordo do Nautilus programas para xullo, agosto e setembro. “En total ofertamos 5.750 prazas”, afirmou.

Por outra banda, tamén hai máis actividades para a xente máis maior. O programa “Vigo, cidade amiga dos maiores” porá 2.750 prazas a disposición da cidadanía para facer rutas nun catamarán. Tamén se están a desenvolver actividades como baile, canto e corpo e movemento en distintos emprazamentos da cidade.

O Alcalde recibe á Comision de Festas de Bouzas
Abel Caballero e o concelleiro de Festas, Pablo Estévez, nunha xuntanza coa Comisión de Festas de Coruxo
Descargar todas as imaxes