venres, 12 nov 2021
Abel Caballero recibiu á atleta Aintzane Dapena antes de marchar ao Mundial de Ximnasia de Trampolín que celébrase en Bakú do 18 ao 21 de novembro. O rexedor fixo entrega da bandeira da cidade á ximnasta viguesa que competirá por primeira vez nun Mundial na categoría de dobre minitramp. Dapena é a primeira do Club Sieiro que compite na Copa do Mundo coa selección española sénior. En Azerbaiyán conquistou o bronce júnior no Europeo de 2018.
venres, 12 nov 2021
O monarca participou este venres na presentación dos novos vehículos comerciais lixeiros eléctricos que se fabrican na planta de Balaídos e onde tivo a oportunidade de poñerse ao volante dun dos modelos. O rexedor acompañou ao Rei durante a visita polas instalacións da factoría de automóbiles, na que tamén participou a ministra de Traballo, Yolanda Díaz.
venres, 12 nov 2021
Abel Caballero acudiu á montaxe do castelo luminoso en Policarpo Sanz. O novo icono do Nadal de Vigo ten unhas medidas de 6x7x6,7 e lucirá na céntrica rúa no percorrido sinalado para atopar todos os elementos que terá a cidade este ano. A estrutura e o ferrollo están lacados en ouro, o metacrilato ten dous colores e terá altos efectos decorativos durante o día. Ademais, os cordón brancos ten matices cálidos e fríos.
xoves, 11 nov 2021
O alcalde trasladou este xoves o compromiso adquirido coa cidade polo secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón, atendendo a esta “demanda tan importante da cidade”.
xoves, 11 nov 2021
O alcalde anunciou en rolda de prensa que o novo emprazamento será en García Barbón na esquina coa rúa Pontevedra.
martes, 9 nov 2021
Abel Caballero e Daniel Azzopardi mantiveron un encontro este martes no consistorio vigués no que tiveron a oportunidade de intercambiar impresións sobre o presente e futuro da cidade e abordar temas da situación actual que viven os dous países, España e Malta, con atención especial ao ámbito turístico.
martes, 9 nov 2021
O Concello de Vigo recorreu tres ordes de convocatorias de subvencións destinadas a formación laboral nas que a Xunta aplicaba unha prima do 20% máis de puntuación para os municipios adheridos á iniciativa “concellos emprendedores”.
luns, 8 nov 2021
Abel Caballero mantivo un encontro este luns co presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuíña, no que ofreceu a colaboración “total e absoluta” do Concello en temas portuarios.
luns, 8 nov 2021
O presidente da FEMP apuntou este luns que se trataba dun "imposto inxusto e excesivo, preparado para etapas de crecemento. Era sumamente deficiente”. Anunciou tamén a petición dunha reunión coa Ministra Montero para empezar cos gobernos locais a reforma do financiamento territorial
venres, 5 nov 2021
Abel Caballero agradeceu en rolda de prensa as doazóns que a cidadanía fixo ao reciclar as súas latas e botellas de plástico de bebidas a través deste Sistema de Devolución e Recompensa, que permitirán as tres organizacións levar a cabo diversos proxectos de carácter social na cidade de Vigo. Os puntos obtidos agora servirán de axuda para a Asociación Down Vigo e aos afectados polo volcán de La Palma