luns, 21 feb 2022
Nun almorzo informativo no Círculo de Empresarios de Galicia, o alcalde pediu a unidade da cidade para defender as infraestruturas “fundamentais e imprescindíbeis” como a autovía en túnel entre Vigo e O Porriño, a liña de alta velocidade Vigo – Ourense por Cerdedo, a saída sur ferroviaria en alta velocidade e o apoio ao Aeroporto de Vigo. Caballero di “non pedir máis, só o mesmo que teñen o resto de cidades de Galicia e as grandes cidades de España”. Lamentou así a posición da Xunta de Galicia e o presidente Núñez Feijóo na súa negativa de ampliar a A-52 en túnel ata Vigo.
No acto, Abel Caballero recibiu unha placa do Círculo de Empresarios co seu nomeamento como Socio de Honor “polo impulso a nosa institución durante o seu mandato como alcalde de Vigo”. Manifestando deste xeito “o seu recoñecemento e afecto”.
venres, 18 feb 2022
O Concello recibiu as autorizacións sectoriais “polo que podemos continuar coa aprobación do ascensor HALO, o ascensor urbano máis importante do mundo”, expresou en rolda de prensa.
venres, 18 feb 2022
O alcalde solicitouno este xoves ao ministro de Pesca e ao titular de Exteriores, quen hoxe venres confirmou que Canadá continuará coa procura dos mariñeiros tan pronto as condicións meteorolóxicas o permitan. “Quero agradecer a sensibilidade do Goberno de España e quero agradecer a Canadá a decisión”, manifestou: “As familias dos desaparecidos merecen que se siga a procura”.
xoves, 17 feb 2022
O alcalde informou este xoves da posta en marcha deste dispositivo que ofrecerá “axuda profesional, psicolóxica e eventualmente económica” con servizo de atención as 24 horas do día, tamén para as familias de Cangas e de Moaña.
xoves, 17 feb 2022
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao establecemento do comité técnico que levará adiante a tramitación e execución de tódolos fondos, dos que o Concello leva solicitado xa 27,5 millóns de euros.
martes, 15 feb 2022
O alcalde recibiu ao nadador vigués Juan Ferrón. Ten 18 anos e é o único galego na selección española de natación adaptada en visual. Ferrón clasificouse para o Mundial do Funchal que se celebrará en xuño deste ano. Caballero animouno "a ser o mellor e seguir traballando co seu éxito".
martes, 15 feb 2022
O alcalde mantivo unha xuntanza co presidente e a xerente da Asociación de Transportista da Provincia de Pontevedra e ambos coincidiron na idoneidade de prolongar a A-52 en túnel ata Vigo.
martes, 15 feb 2022
O 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional contra o Cancro Infantil e o Concello ilumina a pérgola da praza, en colaboración coa asociación Bicos de Papel. Os autobuses urbanos de Vigo tamén cooperan e trasladan a mensaxe nos frontais dos vehículos.
luns, 14 feb 2022
Caballero anunciou en rolda de prensa que responden así de xeito positivo á solicitude asociación “A ilusión de Elisabeth”.
luns, 14 feb 2022
Participarán máis de 200 congresistas e unha ducia de relatoras “do máis alto nivel nacional e internacional”