A procesión do Cristo da Victoria estréase na humanizada e peonil Porta do Sol
Esta mañá presentouse no Concello o programa de actividades do Cristo da Victoria, que volverá a procesionar pola rúa Príncipe e estreará a humanización de Porta do Sol o domingo 7 de agosto ás 19:30 horas.
Hoxe presentouse o programa de actividades ao redor da festividade do Cristo da Victoria en Vigo, que sairá en procesión o domingo 7 de agosto ás 19:30 horas. Unha ruta que volve á rúa Príncipe e atravesará a nova humanizada e peonil Porta do Sol.
O alcalde participou na presentación xunto ao Carreiro Maior e a Presidenta da Confraría, que manifestaron o “gran interese” que está a xerar aos cidadáns e cidadás a procesión deste ano.
O pregón correrá este no a cargo de José Ricardo Troncoso, membro da Confraría do Cristo da Victoria que terá lugar o sábado 6 de agosto ás 12:30 horas nos xardíns do Pazo de Castrelos.
Como novidade, este ano cada Novena será amenizada por una coral de Vigo e o sábado haberá un concerto da Orquestra Clásica de Vigo en Porta do Sol ás 20:30 horas. Tamén actuarán a Lira de San Miguel de Oia e a Unión Musical de Coruxo o sábado e domingo ás 12:30 horas, respectivamente.
*Na imaxe inferior pode consultarse a programación completa.