O Concello de Vigo aproba a segunda prórroga para a iluminación do Nadal
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a segunda prórroga anual do contrato de subministro e servizos da iluminación decorativa do Nadal 2022-2023.

O alcalde deu conta do acordo acadado este venres pola Xunta de Goberno local que deu luz verde á prorroga coa empresa Iluminaciones Ximénez S.A. correspondente o subministro e servizos de iluminación do Nadal 2022-2023. A realización desta prolongación terá un importe de 967.052 €.
Tamén se licitou mediante procedemento aberto o contrato de ampliación para a iluminación decorativa. O rexedor vigués afirmou que será un “Nadal extraordinario”.