Escoitar

Vigo envía un retén de bombeiros a Monforte de Lemos para axudar a extinguir as lapas

O vehículo saíu dende Vigo ás 5 da madrugada.

venres, 22 xul 2022

Abel Caballero comunicou esta mañá que o Concello de Vigo enviou un vehículo con cinco membros do corpo de bombeiros da cidade (un condutor, un sarxento e tres bombeiros), que se dirixiron á zona de Monforte de Lemos para colaborar na loita contra os lumes.

Manteranse na zona durante 48 horas, en caso de ter que continuar recibirán o relevo doutro retén da cidade. Como sinalou o alcalde a extinción dos incendios en Galicia “é competencia da Xunta de Galicia, pero dende o Concello de Vigo queremos cooperar”.