Abel Caballero inaugura a humanización da rúa Colombia cunha inversión de máis de 1,2 millóns de euros
O alcalde visitou o remate das obras da Fase II da humanización da rúa Colombia, que abarcou 200 metros de rúa: “Unha humanización dun altísimo nivel”, declarou en rolda de prensa.

Abel Caballero inaugurou a rúa Colombia logo da súa humanización cun importe de 1.233.000 euros. Na Fase II actuouse sobre 200 metros de rúa. Como vén sendo habitual, o alcalde detallou que a obra “novos elementos de xardinería e mobiliario urbano, cambio de redes de saneamento e abastecemento, pluviais e fecais, novos aparcamentos, tamén para persoas con discapacidade e carga e descarga...”
“A xente está satisfeita, felicitáronos”, afirmou o rexedor, que subliñou o novo espazo de praza pública de 300 metros cadrados próxima ao colexio Mariano. “Na zona a rúa Talude tamén será humanizada completamente e terá as escaleiras mecánicas. Tamén imos humanizar o que queda de San Roque e Couto San Honorato”, concluíu.

