mércores, 3 xul 2019
O Monarca referiuse aos Gobernos Locais como "escolas de democracia" e apostou por "pensar globalmente e actuar localmente" durante o acto conmemorativo dos 40 Anos de Concellos Democráticos, celebrado hoxe na FEMP. Abel Caballero reivindica o papel dos Concellos que "fan da política local a política total" e fixo entrega á súa Maxestade da Chave de Ouro do Municipalismo e dun bastón de mando honorífico.
martes, 2 xul 2019
Abel Caballero entregará mañá ao Rei de España a Chave de Ouro do Municipalismo durante o acto conmemorativo do 40 aniversario das primeiras eleccións municipais en democracia. Esta será a primeira ocasión que Felipe VI visite as instalacións da Federación de Municipios e Provincias.
luns, 1 xul 2019
A reunión mensual da xunta directiva do Círculo de Empresarios de Vigo, presidida por Patricia García, celebrouse hoxe no Concello coa asistencia do rexedor, que estivo acompañado pola tenente de Alcalde, Elena Espinosa, e o concelleiro Abel Losada. Entre outros temas, abordaron a defensa do AVE directo entre Vigo e Madrid así como diferentes vías de colaboración entre o empresariado e o goberno municipal.
xoves, 27 xuñ 2019
O alcalde informou este xoves dos datos de poboación de Vigo que ofrece o Instituto Nacional de Estatística, con data 1 de xaneiro deste ano, e que revelan que a cidade, con 295.323 censados, suma poboación por cuarto ano consecutivo. "Encamiñámonos de novo aos 300.000" habitantes, indicou Abel Caballero.
mércores, 26 xuñ 2019
Abel Caballero reuniuse este mércores cunha comitiva integrada por representantes institucionais e do eido empresarial do municipio de Celaya que están en Vigo co fin de manter diferentes encontros para fortalecer as relacións industriais, comerciais, culturais e educativas entre ámbalas urbes. Vigo e Celaya son cidades irmás desde o ano 2014 e esta visita responde á vontade de seguir desenvolvendo os seus lazos de unión. <br />
luns, 17 xuñ 2019
Ademais da que dirixe Carmela Silva, tamén responsable de Patrimonio Histórico, o alcalde de Vigo crea Tenencias de Alcaldía de Fomento e Servizos -a cargo de Javier Pardo-, de Economía e Seguridade -pilotada por Elena Espinosa- e de Urbanismo e Territorio -encabezada por María José Caride-, áreas que gañan peso no deseño do novo goberno presidido por Abel Caballero.
mércores, 12 xuñ 2019
O alcalde en funcións informou hoxe de que o Plan municipal de seguimento e avaliación da transparencia e o bo goberno foi seleccionado como un dos tres finalistas na categoría de bo goberno e integridade.
martes, 11 xuñ 2019
Máis de 150 científicos celebran esta semana en Vigo o XVII Congreso Nacional de Biotecnoloxía. Durante a inauguración, Caballero destacou o papel cada vez máis importante do coñecemento relacionado coa investigación e os avances científicos. "Temos que contar cun núcleo de investigación que avance sempre na mesma dirección e as universidades xogan un papel esencial neste proceso", afirmou.
martes, 4 xuñ 2019
Abel Caballero participou este martes na festa da comunidade musulmá de Vigo no pavillón do Berbés. O alcalde tomou a palabra durante os actos para invitar a todos os presentes a sentirse partes da cidade e destacou o carácter aberto dos vigueses cara a outras comunidades e outras culturas.
xoves, 30 mai 2019
Abel Caballero visitou este xoves no Tinglado do Porto a exposición conmemorativa do 40 aniversario da incorporación da muller á Policía Nacional, que permanecerá aberta durante unha semana. Vigo é a única cidade galega na que poderá visitarse a mostra, un aspecto que agradeceu o rexedor ao tempo que puxo en valor a traxectoria da Policía que "soubo camiñar cos tempos" e traballar en favor da igualdade laboral entre homes e mulleres.