Escoitar

O alcalde pon en valor os resultados do aeroporto de Vigo no mes de xullo

“Tivemos o mellor mes de xullo do aeroporto na historia” sinalou o rexedor en rolda de prensa este martes ao dar conta dos datos relativos ao funcionamento da terminal o pasado mes.

martes, 23 ago 2022
O rexedor durante a súa comparecencia en rolda de prensa este martes
O rexedor durante a súa comparecencia en rolda de prensa este martes

Vigo subiu nun 3,99% o número de pasaxeiros no mes de xullo respecto ao mesmo mes do ano 2019 que, en palabras de Abel Caballero “fora o verán de maior afluencia de viaxeiros a través do aeroporto” olívico.

En referencia aos datos de funcionamento da terminal, o alcalde explicou que o pasado mes de xullo voaron desde Vigo 104.625 persoas, superando así os rexistros de 2019 cando o aeroporto sumou 100.611 pasaxeiros. 2002 acada case 4.000 viaxeiros máis que 2019.

En canto ao número de operacións, este mes de xullo aumentou un 31,35% respecto ao ano 2019 “porque estamos servindo a máis aeroportos, unha parte importante a través dunha compañía subvencionada polo Concello de Vigo mediante contratos públicos de publicidade”, apuntou Caballero.

Sobre os destinos, Madrid foi o principal representando o 53% do tráfico de pasaxeiros e Barcelona foi o segundo destino co 25,6% do tráfico aéreo.

En pasaxeiros, no pasado mes de xullo, A Coruña caeu un 32% e Santiago subiu “porque a Xunta de Galicia subvenciona voos desde Santiago a varias compañías, entre elas, Ryanair e non subvenciona nin un céntimo a voos desde Vigo”.

 

Descargar todas as imaxes