mércores, 24 agosto 2022

O alcalde anima á cidade a participar na novena Ruta dos Pinchos de Teis

mércores, 24 ago 2022

Abel Caballero asistiu este mércores á presentación dunha nova edición do programa que organiza a asociación de comerciantes e que se desenvolve desde este venres 26 de agosto e ata o 10 de setembro. O rexedor eloxiou os pinchos que conforman a oferta da Ruta deste ano e animou á cidadanía a achegarse ata Teis para gozar das trece propostas culinarias. Na presentación da Ruta dos Pinchos de 2022 participaron María Jesús Román, presidenta de Zona Teis Centro Comercial; a presidenta do Mercado de Teis, Purificación Santos, e o presidente da Federación Vigo Comercio, Roberto Giráldez.