Escoitar

Abel Caballero: “Vigo é a única cidade de Galicia que ten un albergue municipal para persoas sen teito”

O rexedor realizou balance da actividade do albergue municipal durante o mes de xullo, dando a coñecer datos do comedor social, o Equipo de Rúa, o servizo de hixiene e lavandería.

martes, 23 ago 2022

Abel Caballero deu conta dos datos do albergue municipal no mes de xullo, no que ao longo do mes durmiron no recinto municipal 68 persoas sen teito, realizando un total de 1115 pernoitas.

Entre os datos aportados polo rexedor na rolda de prensa desta mañá, o servizo de comedor atendeu a 142 persoas, entregando 1931 menús, dos cales 963 foron no propio albergue e os restantes a través de recollida no propio CIES. Ademais, en canto o servizo de hixiene, realizáronse 1349 duchas, mentres que, no de lavandería tiveron 537 actuacións.

O rexedor valorou o traballo do Equipo de Rúa que realizou 97 intervencións, nas que “teñen localizada a maioría de persoas que non queren durmir no albergue, e realizan visitas asiduamente para ver como se encontran”. Finalmente, Caballero recordou a inversión que fai o Concello para este servizo, que conta actualmente cun presuposto total de 1,1 millóns de euros.

Descargar todas as imaxes