- Sanidade e Consumo
- Vías e Obras
- Alcaldía
- Montes, Parques e Xardíns
- Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
O goberno local solicitará fondos europeos para os parques infantís de Camilo José Cela e o Berbés
Abel Caballero mantivo onte unha xuntanza coa ministra de Sanidade, Carolina Darias, na que, como presidente da FEMP, asinou a convocatoria de 18 millóns para as entidades locais dentro de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Vigo concorrerá co máximo importe, 300.000 euros, para a construción dos parques infantís de Camilo José Cela e o Berbés.
O parque Camilo José Cela e o Berbés contarán con dous novos parques infantís. O goberno local presentará á convocatoria do ministerio de Sanidade dous proxectos co importe máximo permitido na solicitude, 300.000 euros. Así anunciouno hoxe o rexedor logo de ter mantido na xornada de onte unha xuntanza coa responsable de Sanidade, Carolina Darias, na que asinaron o convenio para a transformación e creación de infraestruturas para potenciar a actividade ao aire libre no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O ministerio de Sanidade a través destes fondos europeos dedicará 18 millóns de euros ás entidades locais, dos que acabamos de firmar 12 que saen a concurso para que os concellos presenten os seus proxectos de vida saudable.
Por outra banda, Caballero subliñou a colaboración co ministerio, que tamén se estende ao acordo anual para potenciar a Rede Española de Cidades Saudables (RECS), pertencente a FEMP e, con iso, a implantación local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención (EPSP).
As actuacións previstas oriéntanse ao desenvolvemento de actividades de promoción da saúde e prevención das enfermidades desde a óptica local, a través dunha rede de máis de 400 municipios que están comprometidos co proxecto Healthy Cities da Organización Mundial da Saúde.
Temáticas como a prevención do tabaquismo; consumo de alcol; a realización de actividade física; alimentación saudable; benestar emocional; envellecemento activo e saudable e infancia saudable forman parte do abanico proposto neste convenio. O rexedor subliñou as relativas ao benestar emocional e a prevención do suicidio, a obesidade infantil e a estratexia Fast Track Cities, orientada á erradicación de VIH e do seu estigma social.