Goberno de Vigo e ADIF asinarán o convenio para a cesión de solo en Serafín Avendaño
O alcalde avanzou que este xoves 21 de xullo rubricará en Madrid, coa presidenta de ADIF, María Luisa Domínguez o convenio patrimonial e urbanístico entre o Concello e o administrador ferroviario.

O convenio establece a cesión ao Concello de solo destinado a viario público, propiedade de ADIF, ocupado actualmente por unha vía pública en Serafín Avendaño. En virtude do convenio, o Concello compensa a Adif coa transmisión ao seu favor da propiedade dunha parcela municipal situada na rúa Aragón. Co acordo, o goberno municipal abrirá unha vía alternativa de circulación paralela a García Barbón para chegar ata Isaac Peral.
Abel Caballero agradeceu “moito a ADIF o trato exquisito que está tendo coa cidade de Vigo; acordamos todo, chegamos a acordos rapidamente”, sinalou.