Escoitar

Concello e FOANPAS asinan un convenio de máis de 600.000 euros para as bolsas comedor

Abel Caballero e a presidenta da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS), Iria Salvande Lorenzo, asinaron este mércores un convenio de colaboración para financiar as bolsas de comedor dos escolares.

mércores, 20 xul 2022

O Concello achega 606.039 euros para financiar as bolsas de comedor do alumnado dos centros públicos da cidade a través de FOANPAS. Segundo explicou o alcalde “son recursos que lle damos as asociacións de nais e pais dos colexios públicos de Vigo para becas comedor e as actividades extraescolares”. Estas becas son complementarias as de Benestar Social.

Deste diñeiro destinase a maior parte ás becas, uns 461.000 euros, pero tamén existe unha porcentaxe para os gastos de persoal e outro para que poidan operar as aulas matinais e as actividades extraescolares, facilitando a conciliación laboral. Abel Caballero afirma que “nos colexios públicos de Vigo, os nenos que teñan beca teñen cuberta a totalidade do custe da súa comida”.

Tamén recordou que está aberta, ata o 9 de agosto, a convocatoria de axudas para as becas comedor, libros e material escolar, á que se destina 1.280.000€. O alcalde expresou que “as becas comedor son unha obriga da Xunta de Galicia, como sucede en Andalucía, pero en Vigo faise cargo o Concello”.

 

Descargar todas as imaxes